Un concerto máxico
Fantasía
Música en directo e ilusionismo nunha viaxe onde o que se ve e o que se escoita só existe na imaxinación.
- 70 minutos
- Teatros · Festas

Maxia e poesía, en galego
Música, poesía visual e ilusionismo inspirados nos textos de Manuel María. Perfecto para o Día das Letras Galegas.
Unha proposta orixinal na que a música, a poesía visual e os efectos de ilusionismo son o fío condutor.
Cunha posta en escena elegante, inspirada en textos do escritor Manuel María, a maxia e a poesía dan a man e a interacción co público cobra un protagonismo especial.
A maxia de David Méndez caracterízase pola súa forma de comunicar e emocionar, a claridade e a aparente sinxeleza: o público mira as cousas doutra maneira mentres tenta descubrir como é posible.
Público: A partir de 4 anos · xuvenil · adultos · familiar
Os vídeos están aloxados en YouTube. Ata que premes «reproducir» non se conecta con YouTube nin se instala nada; ao facelo, Google pode usar cookies. Máis información.
Para o mesmo tipo de evento
Un concerto máxico
Música en directo e ilusionismo nunha viaxe onde o que se ve e o que se escoita só existe na imaxinación.
Gala con catro magos
Catro magos, catro estilos e un obxectivo común: facer maxia de calidade sen filtros nin barreiras.
Maxia, música e danza
O clásico de Lewis Carroll convertido nunha viaxe chea de maxia, música e danza para grandes e pequenos.